Negreira xa conta cunha recta sintética

Tras meses de xestións e colaboración institucional entre o concello de Negreira, Federación Galega de Atletismo e o Club Atletismo Negreira, hoxe se puido visitar o recinto integrado por unha recta de 60×3,75 metros dotada de material sintético e un foso para saltos horizontais. Esta infraestructura supón un avance que mellora as condicións de adestramento dos atletas, apoiado por orzamentos municipais e por recursos propios da FGA, dentro do capítulo destinado á os núcleos que integran o Plan Galego de Tecnificación.

Sin esquecer que o fin é lograr un módulo máis ambicioso, a Federación quere agradecer o importante traballo levado a cabo polo alcalde, Manuel Angel Leis, valorando e agradecendo a súa receptividade, trato e resposta ante a proposta formulada, así como a do presidente-adestrador José Manuel Estévez, Presidente do C.A.Negreira.

Compartir: