Destacada actuación máster en Valencia

Un total de trinta e tres medallas (once ouros, trece pratas e nove bronces) foi o balance xeral logrado polos noventa e tres atletas galegos e galegas desprazadas ata Valencia para tomar parte no Campionato de España máster de pista cuberta que se disputaba durante esta fin de semana.

Con este importante número de metáis os nosos e nosas representantes lograba un fantástico resultado numérico ao que se lle engadía os tres récords galegos logrados na proba de marcha por Soledad Pousa (F50) e Manuel Polo (M45),  así como a de José Manuel Fernández Sangiao (M60) sobre os 400 m.

No tocante aos resultados cabe citar aos tres ouros logrados por Domingo Álvarez do Burgas Ourense quen lograba os ouros nos nos 400 m., 800 m. e 1.500 na categoría M65 ou as dúas de Esther Pedrosa quen pola súa banda facía o propio na categoría M65 nas probas dos 1.500 m. e 3.000 m.

Otras actuacións salientables foron as varias medallas logradas por Juan Luis Paz do Marineda na M50; Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol na M65; Luz Domínguez do Burgas Ourense na F55; Inés Papín do A.Sada na F50;  Miguel Gómez do R.C.Celta na M40 ou as de  Manuel Fernández Sangiao do Verxel Nutrición na M60.

 

Compartir: