Resultados en directo  

1200 atletas convertirán A Pobra na capital galega do campo a través este domingo

No día de hoxe tivo lugar no Concello de A Pobra do Caramiñal a presentación oficial da intensa xornada que esta fin de semana viviremos no citado concello durante a disputa de tres dos máis importantes campionatos de campo a través do ano.

No acto, presidido pola Concelleira de Deportes Genoveva Hermo, polo Presidente da FGA Isidoro Hornillos así como polo presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza José Moure, destacaríase entre outros aspectos, a importancia desta macroxornada que convertirá este domingo ao concello pobrense na capital do campo a través galego.

Campìonato Xunta de Galicia de Menores ¨XXV Memorial Alejandro Lorenzo¨

A xornada arrincará cedo ca celebración do XXV Memorial Alejandro Lorenzo as 10.00 horas, coincidindo ca saída dos máis cativos do noso atletismo, os Sub10. A posteriori e por quendas irán tomando parte o resto das categorías Sub12 e Sub14 ata completar o total de 659 inscritos quenes rematarán esta ¨primeira entrega¨sobre as 12.10 horas.

Orixes

Creado este memorial orixinariamente para lembrar a figura de quen fora carismático adestrador e referente do atletismo ourensá fai xa un cuarto de século, co paso dos anos iriase convertindo na proba máis importante de campo a través federado das citadas categorías pola que pasaron os máis significativos especialistas galegos e galegas dos últimos lustros.

XLIX Campionato Xunta de Galicia Sub16 e Sub18

Practicamente a continuación e logo das categorías base, sobre as 12.20 h. arrincará a primeira das carreiras  do Campionato Xunta de Galicia Sub16 e Sub18 na que están inscritos e inscritas un total de 320 atletas.

A categoría Sub16 terá en Amparo Corredoira da Atlética Lucense a súa principal aspirante ao título ao igual que na categoría masculina será o lucense do Lucus Caixa Rural, e actual subcampión galego Teo de Frutos, un dos principias aspirantes a ocupar o primeiro posto.

Nas Sub18 a gran favorita e un dos atractivos do campionato é sen dúbidas Xela Martínez da Atlética Lucense quen ven de pulverizar recentemente o récord de España dos 1.500 en pista cuberta e cuxa superioridade é incuestionable hoxe en día a nivel galego e estatal. Nos homes Ricardo Negrete do Ría Ferrol debuta nesta nova categoría logo de proclamarse o ano pasado campión galego Sub16. Terá que medirse entre outros a Iván Rego do Lucus Caixa Rural quen tamén figura nos pronósticos para o título.

XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster

O último dos campionatos deste intenso domingo corresponderá ao Campionato Xunta de Galicia Máster na que tomarán parte máis de dous centos atletas na procura dos distintos podios autonómicos en xogo. En horario inusualmente de tarde, a primeira carreira dará comezo ás 15.50 h. para rematar ca saída da categoría Máster 45 sobre as 17.50 horas

Como xa ocurrira neste mesmo escenario no ano 2020 (no 2021 non se celebrou) tomarán parte entre outros e outras as gañadoras daquela acasión nas súas respectivas categorías Tina Fernández do C.A.Sar, Mar Barcón de La Mochila del Deporte, Manuel Suárez do Veteranos de Samil así como Xosé Luis Otero do C.A.Santiago.

Compartir: