Resultados

Mondoñedo nomea filla predilecta a Susana Rodríguez

Susana Rodríguez Gacio vén de ser nomeada filla predilecta de Mondoñedo nunha intensa xornada celebrada no día de hoxe en Mondoñedo, que contou coa presencia da Federación Galega de Atletismo.

A xornada comezou cunha charla coloquio na que participaron ademais da propia Susana, o seu guía Celso e os seus adestradores Luis Piña e Ramón Troncoso, nunha ateigada Casa da Xuventude, contando con Raúl Redondo González Ares, o técnico de Deportes de Mondoñedo como anfitrión.

Posteriormente, no auditorio da vila celebrouse o acto institucional de nomeamento de Susana Rodríguez Gacio como filla predilecta de Mondoñedo, que contou coa presencia da súa familia, amigos, veciños e diversas autoridades.

Xa pola tarde , houbo unha sesión técnica de Atletismo que contou coa dirección de Susana e do seu equipo de traballo, nun histórico día para a vila mariñana.

A corporación de Mondoñedo estivo presente ao completo, liderada polo Alcalde Manuel Otero e a vicevoceira do PP no Parlamento Galego, Elena Candia. Ademais estiveron presentes o Delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, o Xefe do Servicio Provincial de Deportes, Manuel Otero, o Deputado Provincial, Roberto García e o Vicepresidente da FGA, Suso Vázquez.

Compartir: