Esta fin de semana a pista cuberta do pazo dos deportes de Riazor volverá recuperar todo o seu explendor e protagonismo propio dos grandes eventos e espectáculos atléticos que en máis dunha ocasión, viviría nos seus máis de cincuenta e dous anos de historia.
Efectivamente a vetusta pista de 160 m. vestirase novamente de gala para acoller este domingo durante o descando do partido de baloncesto do Leyma Coruña unha moi interesante iniciativa que conxuga espectáculo e promoción ao máis alto nivel.
A idea que parte do responsable do sector de velocidade José Carlos Tuñas, é a de facer unha exhibición sobre a distancia dos 300 m. aproveitando o parón do partido de baloncesto, que enfrontará nada menos que a catro atletas internacionais especialistas da distancia. Ao fronte dos mesmos estará todo un campión de Europa dos 400 m. e olímpico en Tokio Oscar Husillos quen estará acompañado por Álvaro de la Heras, medallista de bronce no nacional absoluto dos 100 m., así como os tamén internacionais coruñeses Mauro Triana, recórdman galego dos 100 e 200 m e Elian Numa, campión de España Sub20 dos 800 m, todo un auténtico luxo para o público herculino e para cantos desexen presenciar esta carreira.
Referentes
O binomio deporte-espectáculo ben entendido e ben xestionado sempre resulta interesante e positivo de cara a promocionar e dar a coñecer ante a sociedade as distintas modalidades, neste caso, atléticas. Si ben hoxe en día non é habitual este tipo de iniciativas, si é certo que xa durante o primeiro treito do século pasado, en algúns estadios organizábanse durante os descansos dos partidos de fútbol probas atléticas de certo nivel onde ademáis os equipos cedían unha porcentaxe das súas taquillas para soster a economía de federacións e clubs atléticos, malia que non sempre este tipo de ¨compromiso¨ era seguido de maneira estricta….
Hornillos e o récord de España
Continuando con referentes previos, foi unha tarde do 13 de marzo do ano 1982 cando Isidoro Hornillos centraba toda a atención de medios e público no seu intento de batir o récord de España dos 300 m. Sobre a mesma distancia e sobre a mesma pista o actual presidente da Federación Galega, conseguía o seu obxectivo ao parar o reloxo en 34.2 que ainda na actualidade se manteñen como récord galego
Corenta anos despóis, o propio Hornillos e non poucos dos que estiveron naquel día, estarán novamente disfrutando e vibrando de todo un gran acontecemento no deportivo e no social.
Agardámosvos, non faltedes