Resultados

Lugo conta cunha nova entidade atlética

A Asociación Cultural e Deportiva Piringalla, que ata o momento contaba coas seccións de Fútbol e Fútbol Sala con preto de 400 licencias, anuncia a creación da sección de atletismo da entidade, tralas conversas mantidas coa Federación Galega de Atletismo.

Deste xeito o vindeiro luns día 6 de decembro, celebrará unha xornada de portas abertas a partires das 11.00 nas pistas da Cidade Cultural, e na que a través da ANPA do colexio Luis Pimentel, contará ca presenza de boa parte do seu alumnado

A actividade de Atletismo da ACD Piringalla, será dirixida polo atleta paralímpico e adestrador nacional Maxi Rodríguez que posúe unha dilatada e ampla experiencia tanto como atleta como na que ocupa nestes intres en calidade de adestrador.

Prioridade Federativa

Dende a Federación se ven apostando decididamente pola creción de todos cantas estructuras e tecidos fortalezan a base do noso deporte. Cunha xeografía moi dispersa, é importante ampliar o número de núcleos que da man de programas de formación e promoción así como de medios e recursos en canto a instalacións, poidan garanten unha maior base e presenza atlética na nosa sociedade.

Por tal motivo a FGA pon a súa capacidade e loxística a disposición de todos aquelas iniciativas que vaian encamiñadas hacia este tipo de líneas de actuacións, e que como o caso da ACD Piringalla, deciden apostar polo noso deporte.

Benvidas e benvidos!

Compartir: