A Deputación de Lugo beca a un total de 64 atletas dun total de 161 deportistas

A Área de Deportes da Deputación de Lugo, vén de facer pública a relación de 161 deportistas individuais becados neste ano 2021. Deste xeito a área dirixida polo deputado Efrén Castro, reparte axudas de carácter individual con cuantías entre os 300 e os 1500 euros.

O Atletismo é a modalidade deportiva que recibe un maior número de axudas individuais ao ser beneficiarios das mesmas un total de 64 atletas.

Dende a Federación Galega de Atletismo agradécese a colaboración e involucración da Deputación en Lugo no concernente á colaboración cos deportistas a nivel individual, cos clubes e coa propia entidade federativa.

BOP Lugo

 

Compartir: