Normativa de licenzas autonómicas 2022

O pasado día 5 de novembro foi aprobada provisionalmente a Normativa de Licenzas 2022, pola Comisión Delegada á proposta da Xunta Directiva e pendente da aprobación definitiva pola Asemblea Xeral da FGA.

Preámbulo

A FGA asume na súa totalidade a normativa de licenzas RFEA (Circular 241/2021) en todos aqueles aspectos que non se regulen de maneira específica pola FGA, en relación ao seu ámbito competencial.

A forma de tramitación para atletas independentes, xuíces, adestradores e clubs será pola pasarela de carreirasgalegas.com de maneira individual.

https://licenzas.carreirasgalegas.com

No referente á transición ás tramitacións electrónicas adóptase o mesmo sistema da RFEA, sendo imprescindible o consentimento explícito da persoa física do tratamento de datos (aviso legal e política de privacidade), así no caso dos/as adestradores/as e xuíces deberán marcar a casilla de coñecemento da necesidade de enviar o Certificado de delitos sexuais ao correo electrónico xestion@atletismo.gal

Sen marcar as devanditas casillas, non se poderá continuar coa RENOVACIÓN/ALTA da licenza.

A vinculación de todos os estamentos coa Federación Galega de Atletismo: atletas, clubs, adestradores/as, xuíces/as e organizadores/as, leva asociada a aceptación explícita do ámbito lexislativo indicados nos anexos 1 e 2 achegados nesta circular 103/2021

  • VIXENCIA DAS LICENZAS FGA 2022 : Tempada do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2022.
  • PRAZOS DE TRAMITACIÓN FGA CLUBS e ADESTRADORES: Desde o 5 de novembro do 2021.
  • ATLETAS E XUÍCES. Desde o 25 de novembro do 2021.

 

Compartir: