Resultados

Arrinca esta fin de semana o campo a través

Máis de 350 atletas están inscritos e inscritas para tomar parte durante esta fin de semana no Campionato de Galicia de Campo a través que nas modalidades de individual, clubs e relevos mixtos xuntarán en Pontevedra ás categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23 e absoluta.

O campionato, organizado pola Federación Galega de Atletismo, Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, terá lugar no circuito das Illas das Esculturas na cidade do Lérez, quen deste modo, convertirase no gran epicentro da actividade atlética na fin de semana.

No tocante as medidas de seguridade, continúa vixente o actual protocolo COVID que obriga a tomar as saídas de dez en dez, malia que si a Xunta autoriza a proposta remitida pola propia federación na que se solicitaba a flexibilización de medidas, poderíanse propoñer variacións ao respecto.

Destacos e destacadas atletas

Unha das principais atraccións será o poder presenciar en acción á plusmarquista española dos 1.500 Obstáculos, 1.000 m. e 3.000 m., Xela Martínez quen parte como clara favorita para defender o título acadado o ano pasado en A Rúa. Xunto ela estará tamén na defensa do seu título  o gañador Sub16 do 2020 Iván Rego da Atlética Lucense.

No apartado de equipos especial seguimento aos conxuntos da Gimnástica de Pontevedra nos relevos mixtos e categoría absoluta masculina;  ADAS Proinor na absoluta femenina; Atletismo Narón na categoría Sub20 masculina; Real Club Celta e Atlética Lucense na Sub18 masculina e femenina así como ao Ourense Atletismo en ambas categorías da Sub16,  gañadores todos eles en A Rúa.

Compartir: