A FGA incorpora un novo sistema tecnolóxico á sua estructura loxística

A Federación Galega de Atletismo estreará o vindeiro domingo una nova aplicación informática. Trátase dun proxecto federativo denominado trackingrunners.com especialmente deseñado para facilitar o seguimento da carreira por parte das aficcioadas e afeccioados. 

Como parte mais chamativa, polo novidosa, está a xeolocalización simulada dos corredores favoritos do usuario, o que posibilitará situar no percorrido ó corredor/a en tempo real. A información complétase con datos como a hora real de saída de cada participante, a estimación de tempos en meta ou tempo real así como unha clasificación actualizada dos mellores tempos en meta según vai avanzando a competición.
A Coruña 10 supón un primeiro paso de esta aplicación que reafirma o esforzo da FGA na incorporación das novas tecnoloxías no ámbito deportivo.

Renovación e innovación constante

Este novo sistema representa unha importante mellora nas probas que se desenvolven en roteiro e que se suman á tendencia dos últimos anos de dotar das máis modernas tecnoloxías ao atletismo federado autonómico.

O sistema de streaming, representou recentemente unha gran avance que se complementaría cos xa existentes sistemas de Medición indirecta para os concursos, sistemas de cronometraxes por transpondedor (chips), vídeo marcadores, pantallas xigantes, control de marcha por PDA ou as plataformas de inscripcións, por citar só alguns dos máis importantes.

 

Compartir: