Ana Peleteiro fai historia ao lograr un bronce olímpico para o atletismo galego

O día de hoxe será lembrado para a historia do atletismo galego como o momento na que unha muller lograba o primeiro metal olímpico da vida do noso deporte

Ana Peleteiro é a número 43 de todas e todos cantos atletas galegos tomaron parte nunha cita olímpica desde que no ano 1948 fixerao o primeiro deles sobre a proba dos 110 valos, Manuel Suárez Molezún

Desde aquel entón, moito se ten soñado con que nalgunha ocasión alguén das nosas ou nosos poideran estar sobre un dos escalóns que abren as portas ao absoluto desexo de todo deportista, acadar a gloria olímpica.

Como si todo se quixera alinear, ese mesmo instante chegaba no día de hoxe, un primeiro de agosto de 2021, coincidindo ademáis, co ano no que se conmemoran os cen anos da creación da Federación Galega de Atletismo.  No foso de triplo do Estadio Olímpico de Tokyo, unha galega, Ana Peleteiro, escribiría a máis sesacional actuación de todas cantas se teñen producido ata o momento, ca consecución da medalla olimpica de bronce.

Unha das características que distinguen a Ana, é a súa gran capacidade competitiva. No concurso de triplo femenino máis extraordinario por rexistros de todos cantos se teñen disputado ata o momento, unha colosal Yulimar Rojas establecía un récord mundial ao saltar ata os 15,67 m. Non menos extraordinario resultaba o rexistro da lusa Patricia Mamona quen marchaba ata os 15,01 m. rexistrando un novo récord nacional portugués. O interés centrábase entre a galega e a xamaicana Ricketts quen con 14,84 m. melloraba os 14,77 m. que previamente fixera Peleteiro e que representaban un novo récord de España. Parecía que o límite da galega con esa nova plusmarca estaba superado, pero de novo a forza e o lume característicos da riveirense sairon a flote para lograr o máis difícil todavía, batir novamente o récord de España e chegar no quinto salto ata uns asombrosos 14,87 m. que bastaban para superar á caribeña por tres centímetros e lograr para Galicia ese ansiado metal de bronce.

Currículo impresionante

Este importante logro xúntase a un xa amplo palmarés da plusmarquista nacional. Internacional  nunha veintena de ocasións, no ano 2010 daría comezo o súa importante traxectoria de triunfos nacionais co título de Campioa de España de triplo Sub16 en pista cuberta, o que lle seguiría un ano máis tarde o seu debut internacional coa participación no Campionato do Mundo Sub18 en Francia. Dende ese instante, a súa evolución ven de ser meteórica, sumando un importantísimo currículo do que o máis importante serían as medallas de bronce do Campionato do Mundo Xuvenil no 2011 e do Campionato de Europa Iúnior no 2013; a medalla de Ouro no Campionato do Mundo Xuvenil de Barcelona no 2012 e a de prata do Europeo Sub-23 no 2017, así como o posto de finalista no Campionato do Mundo de Londres. Ademáis tamen conta ca medalla de bronce nos mundiais de Birmingham, a de ouro nos de Europa de pista cuberta no 2018, a de bronce de aire libre no 2018, ou o subcampionato de Europa de pista cuberta en Torun no 2021 por citar só algúns.

Compartir: