Debut olímpico das nosas

No día de hoxe debutaba a armada galega feminina nos Xogos Olímpicos de Tokio.

A primeira en pisar solo olimpico foi a campioa e plusmarquista nacional Belén Toimil quen facía o seu debut na fase de clasificación no concurso de peso.

A nosa representante non puido amosar todo o seu potencial, quedando alonxada dos seus mellores rexistros efectuados por ela ao longo da tempada. Sen lugar a dúbidas os dous primeiros lanzamentos nulos condicionaron en boa maneira a actuación da galega (X-X-17,38) quen malia elo, remata cunha importante experiencia e aprendizaxe acumulado na alta compitión. Paris 2024 agarda

Pola súa contra unha sensacional Ana Peleteiro tan só necesitaba de dous saltos para tocar o mundo do inimaxinable e entrar pola porta grande na final olimpica con 14,62 m. que ademáis representan a mellor marca do aire libre persoal, a tan só once centímetros da súa MMP

As sensacións, seguridade e a madurez amosadas no día de hoxe, fan posible poder soñar con algo grande para a saltadora de Ribeira cuxo ano, excelentemente planificado, fai que acuda a Tokio no seu mellor estado de forma.

A final será o vindeiro domingo as 13.20 horas hora española.

Compartir: