A FGA coñece de primeira man a potencialidade do Trail en Muras

O Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Suso Vázquez visitou o Concello de Muras para coñecer da man do Tenente de Alcalde, Mario Rouco toda a actividade que desenvolven no concello relacionada co Trail.

O Concello de Muras destaca pola celebración de diferentes probas de Trail de referencia a nivel autonómico, de tal xeito que o directivo da Federación, desprazouse ata Muras para coñecer de primeira man todas as actividades e tamén as diferentes vías de colaboración da organización do Trail cos establecementos da vila.

O Concello de Muras é un dos concellos galegos Startlight, de tal xeito que combina o Turismo e o Deporte, facendo dun destino sostible moi interesante.

Vázquez Tallón, salientou que “en Muras levan anos traballando dun xeito moi atractivo no Trail e puiden coñecer da man de Mario Rouco, todas as posibilidades que ofrecen así como a forma de facer partícipes a todos os veciños so concello. Dende a Federación Galega de Atletismo, estamos vendo diferentes posibilidades para potenciar o Trail no territorio”.

Compartir: