Resultados

Homenaxe en Vigo á historia máis viva do atletismo

O pasado fin de semana durante a celebración do Control de marcas Nacional organizado polo Real Club Celta de Vigo e o Atletismo Femenino Celta nas pistas de Balaidos, aproveitouse a ocasión por parte das entidades para homenaxear a dous importantes persoas do atletismo local, galego e mesmo nacional.

Por unha banda, Alfonso Posada fortemente ligado a historia do atletismo céltico e galego. Adestrador, estadista, directivo, delegado, comentarista (…) e por encima de todo amante do atletismo. Comezaría a súa andaina a finais dos anos corenta podéndose chegar a considerar o pai da sección de atletismo no Celta.

Por outra banda tamén contaría cun merecido recoñecemento María Isabel González Khaisalis, nada nos anos 30 do século pasado na localidade chilena de Tocopilla. Afincada de nova en España, sería xa recoñecida ca primeira Placa (anos despóis ¨Placa Ramón Docal¨) polo Comité Galego de Xuices no ano 1994, sendo como tantas outras mulleres da época, unha das primeiras pioneiras en exercer como xuíz no noso deporte nun período no que ainda a condición de xénero establecía férreas restricións.

A el e a ela foi adicado esta homenaxe do atletismo local, á que se suma todo o atletismo galego.

Compartir: