Resultados

Acceso á instalación do CGTD de Pontevedra esta fin de semana

Intenso fin de semana o que nos depara esta fin de semana en Pontevedra coa celebración do Campionato Xunta de Galicia de Clubs de Probas Combinadas 2021 e o Controis da FGA o 8 e 9 de maio.

Como consecuencia da importante actividade que se vai levar a cabo, extremaranse as medidas de seguridade marcadas no Protocolo COVID19 e que obrigará a un rexistro de todas/os adestradoras/es ou responsables nomeados polos clubs que desexen acceder ás instalacións.

A data límite para solicitar o acceso serán as 14.00 horas do venres día 7 de maio.

Compartir: