Resultados

Falece o triplista internacional dos 70 Francisco Castrillo

Novamente temos que anunciar a triste nova do falecemento dun dos nosos.

Francisco Castrillo quen foran saltador de triplo internacional nos anos setenta, deixounos o pasado día 19 a temperá idade de 69 anos

A traxectoría deste atleta nado en Vigo no ano 1952, está ligadao ao sector dos saltos horizontais.

Na súa etapa escolar no colexio dos Xesuitas, sería descuberto por Alfonso Ortega, quen de maneira inmediata vería as excepcionais cualidades innantas que amosaba e que o conducirían ata o Real Club Celta. A finais dos anos 60 consigue unha beca na Residencia Joaquín Blume de Madrid na que estaría por espazo de catro anos durante os cales lograba varios títulos de campión de España nas categorías inferiores e absolutas tanto de aire libre, como de pista cuberta.

O dia 2 de outubro de 1974 nas filas do CUA de Santiago, lograba precisamente na pista universitaria da capital galega, o que foi o seu mellor salto no concurso de triplo con 16,05 m. que sería récord galego ata a chegada do actual plusmarquista galego Alfonso Palomanes. Igual circunstancia sucedería na pista cuberta na que saltaba ata os 15.56 m. no ano 1975.

Médico de profesión, sería ao longo da súa traxectoria atlética oito veces internacional.

Emilio Navaza retrataba así o semblante de Francisco Castrillo en ¨Vida Atlética¨

Descanse en paz

Compartir: