Comeza o espectáculo do Campionato Galego de clubs

Esta fin de semana, O Barco de Valdeorras dará acollida a edición trixésimo segunda do Campionato de Galicia de Clubs Xunta de Galicia despóis de que o ano pasado as circunstancias sanitarias obrigaran a súa cancelación.

Con esta importante cita, ábrense as competicións a nivel de clubs que terán a súa continuidade cas distintas fases e grupos das ligas nacionais que darán comezo o vindeiro día 24 de abril.

En O Barco poderemos ver aos oito mellores equipos galegos en cada unha das categorías clasificados para este encontro. Os catro primeiros da edición do ano pasado lograban a asúa clasificación automática, decidíndose os restantes catro por estadillo de resultados.

O Ría Ferrol domiña ampliamente o histórico de títulos

Na categoría feminia, o Ría Ferrol, A.Femenino Celta, Gimnástica de Pontevedra e Escola Atlética Lucense son os clubs que máis posibilidades contan con estar nos postos de honra de podio. Novamente as ferrolás, quenes militan na máxima categoría na liga nacional, defenden o título logrado o ano pasado buscando o que podería ser o seu décimo quinto título autonómico.

Tamén están clasificados a tomar parte por estadillos os conxuntos do ADAS Proinor, Ourense Atletismo, C.A.Santiago e Lucus Caixa Rural.

Intreresante disputa entre Gimnástica e Celta

Na categoría masculina haberá novamente unha interesante disputa entre a Gimnástica de Pontevedra e o Real Club Celta de Vigo. A condición de club militante na División de Honra nacional, outórgalle certa ventaxa ós pontevedreses quenes defendarán o último título logrado no 2019. Pola súa contra, os vigueses intentarán facer valer os seus cinco títulos logrados nos últimos sete anos e que ademáis os poñen ao fronte do histórico con trece títulos.

Xunto a estes dous clubs estarán tamén competindo polos postos importantes, o Atletismo Santiago, Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural,  Atletismo Sada, Ourense Atletismo e Marineda Atlético.

Luis Nogueira na memoria

O encontro servirá igualmente para render homenaxe ao recentemente falecido xavelinista internacional e referente do atletismo na comarca, Luis Nogueira

 

Compartir: