XXXII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Clubs

O atletismo galego chora a Luis Nogueira Fernández

Hoxe recibimos a peor das novas posibles. Deixounos un dos maiores atletas galegos, tanto no deportivo como humano. Luis Nogueira, o noso mítico lanzador de xavelina, faleceu esta tarde en O Barco. Marchou discretamente, sen ruído, con esa humildade e saber ser que sempre o caracterizou, rodeado da súa familia máis próxima e recibindo o agarimo dos seus familiares e de todos cantos o querían. Todos aqueles que tiveron a sorte de compartir momentos e experiencias, choran no día de hoxe.
A familia do Atletismo Galego quere amosar o seu profundo dor e compartir estes duros momentos ca súa familia e achegados.

Compartir: