Resultados

Ourense converteuse na gran festa das categorías base

Nin as restricións sanitarias, nin a ausencia de público nin as limitacións das probas puido ca gran festa atlética que se viviu este sábado na calebración do Campionato de Galicia Sub10/Sub12 e Sub14.

Preto de 650 rapaces e rapaces aportaron moitas gañas e emocións a unha cita onde os auténticos protagonistas eran precisamente eles mesmos.

Para algúns e algungas delas esta era a súa primeira experiencia ca competición pola que un excelente Comité Galego de Xuices estaría en todo momento pendente das nosas futuras e futuros campións, falando, explicando e contribuido cas súas indicacións a que esta xornada se convertira en todo unha motivación e incentivo para todas elas.

Moi pendentes tamén dende as bancadas se atopaban aos verdadeiros formadores e impulsores destas novas promocións, os adestradores e adestradoras. O seu traballo contínuo e constante, na maioría das veces con escaseza de medios e cunhas situacións nada doadas para adestrar, fan posible que ano tras ano sexan máis os nenos e nenas que descubren o atletismo a través dun enfoque competitivo, formativo e educativo

No referente a compitición, o de menos foron os resultados, ainda que si poidemos observar excelentes cualidades en moitos e moitas das participantes que garanten canto menos un futuro esperanzador.

Segundo o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos ¨Dende a Federación tiñamos claro que este campionato era un dos máis importantes do calendario de pista cuberta. A imposibilidade de efectuar as competicións do Deporte Escolar da Xunta de Galicia, así como a realización da Liga ABANCA de menores que cada ano organiza a FGA xuntando a máis  dun milleiro de nenos e nenas nas súas distintas fases e categorías, fixo que tivera máis importancia se cabe este campionato que volveu resultar todo un éxito¨

Resultados

Compartir: