Resultados

Belén entra no club das grandes

Belén Tuimil acaba de conseguir no día de hoxe a sétima posición no Campionato de Europa de lanzamento de peso na localidade polaca de Torun logo de lanzar ata os 18.01, a segunda mellor marca de sempre.

Esta posición fai que Belén logre o que ata hai apenas uns días era algo impensable… ocupar un posto de finalista nun concurso destas características e afianzarse sobre a barreira dos 18 metros.

A mugardesa acudía a esta cita despois de vir realizando un ano impresionante. Incluída a última hora na selección española que facía xustiza a unha moi boa tempada, achegábase á cita europea con moi boas sensacións demostrándoo na xornada de onte na que dunha maneira extraordinaria lanzaba ata os 18,64 m. o que representa un novo récord de España e unha mínima para tomar parte nos Xogos Olímpicos de Tokio algo inimaxinable para Belén fai tan só unhas datas.

Esta competición ademais de sitúala na elite do lanzamento de peso, fan que continúe con moi boas sensacións para poder seguir progresando nesta especialidade de cara a gran cita olimpica.

O campionato de Galicia de pista cuberta en Expourense o próximo día 14 de marzo no que tomará parte, sen ningunha tensión e ante a súa xente, será un fantástico escenario para poder seguir soñando.

Resultados da final

 

Compartir: