Resultados

Isidoro Hornillos ¨É preciso unha reforma do actual sistema deportivo¨

Fai unhas datas mantivemos unha entrevista co Presidente da FGA Isidoro Hornillos con quen estivemos charlando sobre algúns dos aspectos que pola súa importancia e actualidade máis preocupan e máis están a marcar a axenda do deporte autonómico.

Preto de corenta minutos de conversa que comezan cun ¨Quixera destacar nestes momentos tan duros a gran capacidade de reacción e o gran comportamento de todos os estamentos atléticos¨ dos cales destaca a súa exemplaridade amosándose convencido de que ¨ o ano 2021 intentará ser un ano moi especial xa que atesoura unha gran trascendencia e enorme simbolismo entre outros pola conmemoración do centenario da FGA¨

De igual modo destacaría que un dos obxectivos centrais será ¨Manter, e se fora posible, aumentar a oferta de probas de pista, campo a través, ruta e trail running¨ sempre e cando a situación sanitaria e lexislativa así o permita e abogando sempre por un estrito cumplimento do que o marco legal posibilite. Sobre a selección galega indica que a pretensión é a de ¨acudir co combinado autonómico a todas as súas convocatorias tanto de campo a través, ruta como de pista incluidas as escolares¨

Unha dos eixos fundamentais da súa lexislación, plasmado no Plan Estratéxico presentado a Asemblea Xeral fai dos anos,  é a de ¨mellorar as condicións de adestramento das nosas e nosos atletas¨ sinalando ao respecto as novas construcións de módulos cubertos anunciadas este ano para Vigo, Ribeira e o xa orzamentado de Sada. Outro reto importante é o da Escola Galega de Adestradores un dos obxectivos prioritarios a través do cal agárdase  ¨Emitir titulacións  tanto de Técnico Deportivo como de Técnico Deportivo Superior en atletismo recoñecidas pola Consellería de educación para ter oficialidade¨.

Destacaría o número importante de xuntanzas telemáticas mantidas durante este último ano polos Órganos de Goberno da Feración, quenes aprobarían recentemente as líneas estratéxicas para esta tempada sinalando ao respecto unha ¨certa incertidume sobre os ingresos previstos pola situación pandémica o que obrigará a facer unha revisión sobre os mesmos cada dúas semanas¨ Sobre esta situación económica salienta a experiencia acumulada na crise do anos 2009 que fará abordar a actual con máis garante malia que pare elo ¨As decisións que se están tomando son de absoluta necesidade e  máxima responsabilidade¨

A nivel de orzamentos, Hornillos faría un balance da súa evolución nos últimos anos, onde o ente federativo pasasou de ser un gran dependente de subvencións públicas, a ser nestes intres unha entidade con importantes  recursos propios ao que se lle suma os patrocinios privados. Con este mapa, recalca ¨A Federación Galega é unha entidade cas contas saneadas cuxo patrimonio neto é positivo¨ O presidente que poría en valor este dato salientaba que ¨unha parte importante dos recursos propios procede do ingreso das licenzas¨ apuntando o importante medre ¨de 2.000 a prácticamente 8.000¨durante o seu mandato sen contar as licenzas de día que roldan as 70.000

Sobre o apartado de infraestructuras si ben recoñece os avances producidos durante os últimos anos, amásase insatisfeito. Os novos módulos xa aprobados para Vigo e Ribeira complementarán a pista cuberta de Expourense que se xuntarán os xa existentes en Lugo, Ourense, sen esquecer a Pista cuberta de Riazor, o da Malata, (malia que neste caso sen homologar) e o orzamentado de Sada, o que nos achega a preto dos corente recintos cubertos¨

Para o olímpico en Moscú-80 as condicións ambientais e demográficas marcan fondamente as nosas singularidades ¨A xeografía dispersa da nosa Comunidade obriga a dispor dunha instalación atlética  en cada unha das comarcas galegas  nas que existan clubs con actividade, sendo o ideal contar con espazos sintéticos e funcionais, a ser posibles cubertos, e en certos casos tamén homologados¨ neste senso recoñoce e valora o esforzo do Goberno Galego en dotar de mellores infraestructuras ao atletismo galego

¨É un desafío para nós seguir traballando na procura de acadar infraestructuras naquelas comarcas que así o necesiten¨. Sobre esa líña Isidoro remarca a necesidade de atopar solucións específicas sobre a problemática existente sobre tres importantes ciudades como son Vigo, A Coruña e Compostela

En materia de competencias de entidades tanto públicas como privadas, destaca e agradece ¨as enormes faciliades amosadas por Expourense así como o papel que xogan as Universidades na recente historia do noso deporte¨ recoñocendo as grandes facilidades dadas por todas elas ainda que ¨chegan ata donde poden chegar e as necesidades do atletismo galego supera con creces as súas competencias (…) sendo por todo elo necesario unha reforma do actual sistema deportivo¨ . Continuando co tema, pon en valor o ámbito municipal como mellor escenario para a defensa dos intereses atléticos sinalando que  ¨Costa entender como Concellos con pistas municipais non son quen de atender estas importantes instalacións sobre todo cando existen clubs locais que están facendo unha importantisima tarefa de promoción¨. 

Con respecto ao gran avance que está a experimentar o atletismo como consecuencia da incorporación das novas tecnoloxías, apunta a que ¨apóstarase de maneira decidida pola súa incorporación como se viña facendo¨, motivo este que levaría a Galicia a ser unha das pioneiras no seu emprego. Avances tales como a dotación de vídeo finish, foto finish, e a medición indirecta,  xúntanse as xa existentes ¨Vimos de incorporar tanto vídeo marcadores, sistemas de transponderación (chips) e recentemente un sistema de streaming que garante unha transmisión en directo de todos nosos campionatos ¨ Con todo elo o compromiso é claro ¨A Federación seguirá apostando por incrementar a tecnoloxía precisa para proseguir a modernización do atletismo galego¨

Sobre as  novas modalidade atléticas emerxentes tanto en ruta como en trail destaca que se trata dunha ferramenta moi valiosa para afianzar os hábitos de vida saudables. Recoñece a día de hoxe o reto de ter máis presenza no Trail amosándose convencido que irá gañando en protagonismo.

Para rematar salienta que o atletismo galego goza de boa saude e que ¨no que vai de século xa contamos con 102 atletas galegos internacionais de todos os sectores, repartidos ao 50% entre homes e mulleres e que constata o gran equilibrio existente¨ recoñocendo públicamente que  ¨Gran parte de culpa de todo elo, son esas personas que adican gran parte do seu tempo a mellorar o atletismo galego, as cales quero expresar todo o meu recoñocemento¨

Entrevista íntegra 

Compartir: