Convocatoria da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA

O vindeiro día luns, día 11 de xaneiro convócase a todos os membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA a manter unha xuntanza telemática que determinará a actuación da presente tempada.

Entre os aspectos básicos a tratar atópanse as Normas Técnicas 2021 así como o calendario de competición invernal cuxa aprobación suporá a línea básica de actuación de todo o atletismo autonómico para esta tempada recentemente comezada.

Non menos importante será o sometemento cara ós órganos de control dos orzamentos para o 2021,  cuxa parte importante do seu enfoque, estará centrado na reactivación e recuperación de aqueles elementos máis perxudicados do ano 2020

A xuntanza pecharase cos distintos rogos e preguntas que serán debatidas e analizadas por todas e todos os membros dos citados órganos

Convocatoria

Compartir: