Volve a Ourense este sábado toda a emoción dos campionatos de pista cuberta

Como si do peche dunha etapa se tratara, o Campionato de Galicia de Pista Cuberta Sub10, Sub12 e Sub14 será o primeiro Campionato de Galicia desta modalidade que ¨abra¨ a tempada baixo teito, dándose a circunstancia de que foi o primeiro en aprazarse por mor das circunstancias sanitarias naquel xa lonxano 14 de marzo. Casualidades da vida ou non, o certo é que dende todos os estamentos do atletismo autonómico vexe con moito optimismo esta volta á competición invernal malia que, e segundo matiza Isidoro Hornillos Presidente da FGA ¨Non por elo temos que baixar a garda, sendo a nosa obriga o adoptar todas cantas medidas sexan precisas para garanter o estrito cumplimento do protocolo elaborado por esta Federación e aprobado pola Xunta de Galicia¨ Nesta mesma  medida o Vicepresidente Primeiro da citada Federación e responsable do Comité COVID Eladio Gómez engadiría que ¨ Seguiremos cumprindo e facendo cumprir escrupulosamente o protocolo.  É a única medida e ferramenta eficaz de poder seguir ca nosa actividade atlética nestes intres¨

Así a todo, o certo é que un importante número de atletas darase cita esta sábado dende as 10.30 e ata as 21.00 horas en dobre xornada para tomar parte neste importante campionato que xuntará a máis de cincuenta clubs e Escolas deportivas da nosa Comunidade. Os primeiros en tomar parte serán os Sub10 e Sub12 pola mañán sendo xa na tarde cando compitan os Sub14.

Destacada presenza de atletas

Pese ás súas curtas idades tomarán parte nesta cita algúns dos gañadores e gañadoras da edición anterior que intentarán repetir novamente os mesmos éxitos. Entre eles e elas cabe citar a:

  • Categoría Sub10. Pablo Barreiro do Pinarium nos 50 m. e 000 m. e Alba Vizoso do C.A.Sada nos 60 m.
  • Categoría Sub12. Ismael García do Riazor Coruña nos 60 m; Hugo Casañas da Gimnástica en Peso; Bruno Castro do Ria Ferrol nos 60 m.; Xaquím Casal do Marineda en Altura, 60 m. e 1000 m.; Alma Bello de A Silva nos 60 m. e nos 500 m.; Lidia Balseiro do Maderas Barcia Lourenzá nos 500 m. e nos 1000 m.; Olivia Gutiérrez do A.F.Celta nos 1.000 m. e na Lonxitude; Antía Soto do AVA en 60 m. e na Lonxitude
  • Categoría Sub14. Candela Sánchez do San Miguel de Marín nos 1000 m., Daniel Salgueiro do Coruña Comarca nos 60 m.; Javier Picos do Marineda nos 500 m.; Alex Sierpes do Trega nos 1000 m.; Carlos Campo do Maderas Barcia Lorenzá nos 60 valos e altura; Laura Sanz do Millaraio nos 60 m e 60 valos; Iria Solera do Ourense Atletismo en Altura; Celia Fernández do Riazor Coruña nos 60 m. e 500 m;

Importantes medidas de control e seguridade

Para facer posible este importante campionato adoptaránse unha serie de medidas organizativas que garantirán en todo momento o cumplimento do Protoclo COVID. Para elo a primeira das mesmas é a de limitar oa máximo ao acceso de persoas por cada club, non estando permitida a entreda de público. De igual modo só se disputarán en Ourense as probas de concursos, velocidade e valos, desenvolvéndose o resto de probas  de medio fondo e fondo (500, 1.000 m. e 2.00 m.) o vindeiro fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra por non estar aprobado a disputa destas distancias en recintos cubertos.

Canal Youtube en directo

A Federación estará retransmitindo e comentando en directo este Campionato para que todos cantos desexen seguilo o poidan facer a través da Canle Youtube da FGA durante as dúas xornadas, contando novamente ca locución do xornalista deportivo e membro da Asemblea Xeral da FGA Victor Pérez Currás

Probas de control

Por último, o Campinato será aproveitado para desenvolver unha nova xornada de probas de control de pista cuberta organizada pola Federación na que intervirán os e as mellores especialistas galegos e galegas das distancias dos 60 m., 60 valos e 200 m.

 

Compartir: