Representación galega nos órganos de dirección da RFEA

O presidente da Real Federación Española de Atletismo Raúl Chapado, nomeou á galega Josefina Maestu, membro da Xunta Directiva do organismo que preside.

Nada en Vigo hai 47 anos pertenceu na súa mocidade ao Comesaña Sporting Club; Agrupación Viguesa de Atletismo e Real Club Celta, estando dirixida polo adestrador Manuel Rotea. Tamén forma parte da Xunta Directiva da FGA en calidade de vogal. Licenciada en Educación Física e atleta máster na actualidade, posúe unha ampla experiencia na xestión deportiva, así como no Trail Running xa que é Árbitra de Carreiras por Montaña Técnica de Senderos e membro da Escola Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME)

O atletismo galego estará representado na Asemblea Xeral da RFEA nesta nova lexislatura, á parte do presidente da FGA, Isidoro Hornillos, na mesma e na Comisión de Presidentes de Federacións Autonómicas, polos representantes de atletas Pedro Juncal e María Eugenia Gil. Ambos estrean responsabilidades neste novo periplo.

Por parte dos adestradores o representante galego será Santiago Ferrer Alonso que asume por primeira vez esta función. No estamento de xuíces, será Guillermo Sandino, que foi elexido mellor xuíz de España novel, quen, por primeira vez forme parte da Asemblea Xeral. Por parte dos clubs serán o ADAS Proinor, Club Atletismo Narón e Club Atletismo Coruña Comarca e Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que tamén forma parte, á súa vez, da Comisión Delegada, repetindo responsabilidades en relación á anterior lexislatura.

Membros da Xunta Directiva da RFEA 2020-2024

Compartir: