Normativa do uso da Pista Cuberta de Expourense 2020/2021

Aprobada a normativa que regula os adestramentos na Pista Cuberta de Ourense para as nosas e nosos atletas. Coa importante novidade da ampliación das horas de uso, establecéndose o seguinte protocolo:

Os Clubs ou persoas físicas federadas que queiran adestrar na pista de atletismo, no horario fixado no regulamento (de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 21:30 e sábados e domingos de 10:00 a 14:00), establecéndose diferentes quendas. Xa que o aforo máximo permitido será de 50 usuarios incluíndo aos adestradores. Polo que a solicitude poderá ser rexeitada.

Terán que facer unha solicitude previa á Federación Galega de Atletismo con dous días de antelación ó uso da pista, enviando un correo electrónico a secretaria@atletismo.gal  que comprobará a condición de atleta federado/a.

As solicitudes para os adestramentos en fins de semana terán que ser remitidas con data límite o xoves anterior antes das 20:00 horas ó mesmo correo da FGA.

Débese ter en conta que a instalación non conta con ningún material dispoñible de adestramento nestes intres.

Importante: A pista abrirá do 14 de decembro ao 31 de marzo. Sempre que non haxa competicións nos días seleccionados polos grupos/atletas, incluíndo o día previo de preparación da pista.

A Pista permanecerá pechada os días: 25 de decembro do 2020 e os días 1 e 6 de xaneiro do 2021. Os días 24 e 31 de decembro so abrirá en horario de mañá.

Importantes novas

A diferencia de anos anterios que se facía de maneira restrinxida, para esta tempada a FGA e EXPOURENSE acordaron a apertura das instalacións polas mañáns, malia que por temas de seguridade o número de usuarios estará limitado a 50. Por tal motivo vixiaranse todas aquelas solicitudes que se cursen e que non se fagan efectivas por afectar a terceiras persoas.

Agradecementos

A Federación Galega de Atletismo quere facer público o especial recoñecemento a EXPOURENSE polas facilidades e excelente disposición que se lle está a outorgar ao colectivo atlético para o emprego das instalacións cubertas

Modelo de solicitude uso Pista Cuberta de Ourense (word)

Compartir: