Aprobada a normativa de licenzas FGA cun desconto do 10% para o 2021

No día de onte foi aprobada a Normativa de Licenzas 2021 pola Comisión Delegada quedando pendente da aprobación definitiva pola Asemblea Xeral da FGA. Entre outros aspectos, compre salientar a aprobación dun desconto do 10% da parte correspondente ás cutoas da FGA en todos os estamentos a quenes abonen as licenzas 2021 antes do 31 de decembro deste ano. Esta acción enmarcase dentro do paquete de medidas excepcionais que a FGA está adoptando como consecuencia da actual situación de crise económica e social que se está a vivir,  e que afectan a boa parte da masa social federada.

No referente a normativa , asúmese na súa totalidade a normativa de licenzas RFEA  en todos aqueles aspectos que non se regulen de maneira específica pola FGA, en relación ao seu ámbito competencial.

A forma de tramitación para atletas independentes, xuíces, adestradores e clubs será pola pasarela de carreirasgalegas.com de maneira individual. https://licenzas.carreirasgalegas.com

No referente á transición ás tramitacións electrónicas, adóptase o mesmo sistema da RFEA, sendo imprescindible o consentimento explícito da persoa física do tratamento de datos (Aviso legal e política de privacidade), así no caso dos/as adestradores/as e xuíces deberán marcar a casilla de coñecemento da necesidade de enviar o Certificado de delitos sexuais ao correo electrónico xestion@atletismo.gal Sen marcar as devanditas casillas, non se poderá continuar coa RENOVACIÓN/ALTA da licenza.

A vinculación de todos os estamentos coa Federación Galega de Atletismo, (atletas, clubs, adestradores/as, xuíces/as e organizadores/as) leva asociada a aceptación explícita do ámbito lexislativo indicados nos anexos 1 e 2 achegados nesta circular 65/2020

  • Vixencia das licenzas FGA 2021. Tempada do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021.
  • Prazos de tramitación FGA clubs e adestradores:  Desde o 5 de novembro.
  • Atletas e xuices: Desde o 25 de novembro.

Todas as licenzas nacionais deben ser formalizadas tamén previamente ó pago da licenza autonómica e o seguro cando corresponda.

A RFEA non tramitará ningunha licenza sen o correspondente abono á Federación Galega de Atletismo.

Compartir: