Resultados

Relación definitiva prazas do CGTD

No Diario Oficial de Galicia nº 139, do pasado 14 de xullo, publícase a Resolución do 6 de xullo de 2020 (DOG 14.07.2020) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2020/2021, establecéndose no seu artigo 5 un prazo límite de presentación das solicitudes ata o día 15 de agosto de 2020.

Rematado o prazo de solicitudes, publícase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte deporte.xunta.gal e comunícase ás federacións solicitantes, a listaxe provisional de avalición de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da mencionada resolución de convocatoria o día 25 de agosto de 2020, establecendo un prazo de dez días para a formulación de alegacións, emendar erros ou achegar documentación.

Rematado o prazo de alegacións e modicadas, de ser o caso, as puntuacións dos solicitantes, a comisión de selección formula a proposta de resolución definitiva.

RELACION LISTAS DEFINITIVAS

Compartir: