V Festa do Atletismo Galego – Peregrina 2020

(las notificaciones de bajas hasta el 12 de agosto al correo  atleriasbaixas@gmail.com)        STREAMING

O Campionato de Galicia Absoluto será a finais de Agosto na Coruña

No día de onte quedaría aprobado o avance do calendario de probas 2020  a través de consulta telemática efectuada aos/ás membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA.

Segundo o Director Técnico Carlos Castro ¨este calendario de mínimos nace ca vontade de ser todo o flexible posible en canto a ampliación de máis actividade, partindo sempre da premisa de máxima responsabilidade e prevención fronte a evolución da pandemia¨ . Deste documento  destaca como data importante a disputa do Campionato de Galicia Absoluto que se desenvolverá conxuntamente cos Sub18, Sub20 e Sub 23 nas pistas Universitarias da Coruña. As datas serán o 29 e 30 de agosto con posibilidade de amplialo un día antes, o 27 do mesmo mes.

Para facilitar a consecución de marcas míninas estabrécense dous controis federativos para o día 15 de agosto e o día 21 coincidindo este último co Meeting Ourense Termal.

Continuando cas probas, xa no mes de setembro están programados para o día 26 o Campionato de Galicia Sub14 e Sub16 e un día máis, o 27, o Campionato de Galicia Máster ainda sen sede.

Sempre e cando as condicións sexan as favorables, volve a Liga ABANCA no mes de novembro nas xornadas do 14, 21 e 28 xunto ao Campionato de Galicia de Marche en pista para o día 22, estando reservado o 19 de Decembro para os Campionatos Sub10, Sub12 e Sub14. O Campionato Galego de Combinadas de clubs terá tamén a súa celebración os días 26 e 27 do último mes do ano.

No que atinxe aos Campionatos de ruta, estase traballando para podelos encaixar no mes de novembro atendendo as características e complexidades destas probas en canto a concurrencia de atletas que sempre supoñen. Igual acontece cos distintos controis que nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro preténdense ir encaixando

Protocolo COVID 19

No día de onte sería tamén sometido e aprobado pola Xunta Directiva e a Comisión Delegada, o protocolo COVID19, documento que xa foi remitido á Secretaría Xeral da Xunta de Galicia para o seu estudo e aprobación.

 

 

Compartir: