Resultados

Gala do Circuito Deputación da Coruña de Carreiras Populares 2019

Rocío Alvite do SAR Vermut Petroni cun total de 176 puntos e Amador Pena do C.A. O Pino (este ano na S.D Compostela Atletismo) serían os gañadores/as absolutos/as do VII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña 2019.

Con este novo triunfo, a parella de corredores afianzase un ano máis no primeiro lugar deste importante circuito formado por un total de 28 probas e organizado pola Federación Galega de Atletismo.

O Circuito continúa medrando

Con este ano serán xa oito as edicións nas que se desenvolva este certame, que polas súas características constitúe o evento máis importante destas características de todas cantas se celebran en Galicia, representando ademáis dunha importante oferta atlética, un excelente elemento vertebrador entre os distintos Concellos da provincia.

A Gala deste ano no Pazo de Mariñán o día 6 de marzo

Logo de rematar o prazo de reclamacións, publícase a lista definitiva de galardoados e galardoadas onde, e con vistas a facer desta gala un acto con máis notoriedade, apóstase por unha serie de melloras entre as que se atopa o cambio de escenario que pasa do habitual Salón de Actos da Deputación ó Pazo de Mariñán no vindeiro venres día 6 de marzo en xornada de tarde (confirmarase a hora exacta en breve)

Clasificación Definitiva VII Circuito Deputación da Coruña Carreiras Populares

(ACTUALIZADO O 26 DE FEBREIRO)

 

Compartir: