Resultados

Emoción e moita participación no galego de cros máster

A Pobra daría acollida no día de hoxe ó Campionato de Galicia Máster cun importante número de participantes en ambas categorías.

O bo tempo acompañou a que se desenvolvese un bo campionato onde o máis salientable foron os títulos autonómicos colleitados por:

  • Méster 35. Tina Fernández (At. Sar) e Victor Rioboo (Miller R.)
  • Máster 40. María Manuela Mayo (C.A.Sar) Akka Essaadaoui (ADAS Proinor)
  • Méster 45. Ana María Alonso (Beade) e Juan Antonio Gude (Lucus CRG)
  • Máster 50. Soledad Castro (Comesaña S.C.) e Dani de la Torre (C.S.M.Marín)
  • Máster 55. Mar Barcón (La Mochila) e Julio José Soto (C.A.Sada)
  • Máster 60. Angeles Ripoll (C.A.Sada) e Manuel Suárez (V. Samil)
  • Máster 65. Elvira Tresguerras (C.A.Sar) e Xosé Lois Otero (C.D.Universisade)
  • Máster70. José Luis Merodio (Lucus CRG)
  • Máster75. Antonio Cabana (Egovarros V.)

A Nivel de clubs, triunfos na categoría máster feminina 35 e maiores para o Club Atletismo Sar seguido no podio por Atletismo Pino e Club A. Sada.

Na categoría  e F45 e F55 sería o Atletismo Sada quen lograría o título por formacións, seguido por Fontes do Sar e por as coruñesas de La Mochila del Deporte.

Dando paso ós homes, e tamén por clubs máster 35 e 40,  triunfo para o conxunto do Atletismo Arenteiro seguido de Miler Runing a tan só un punto, e polo ADAS Proinor.

O Atletismo Sar lograría outro podio, desta vez o máis alto, ó proclamarse campión galego máster 45 e maiores onde o segundo lugar correspondería para o Veteranos de Samil, sendo terceiros os lucenses do LUCUS Caixa Rural Galega

Xa para rematar, e na categoría maiores de 60, os Veteranos de Samil serían os campións galegos da presente edición estando acompañados por Atletismo SAR e Egovarros de Viveiro.

Foto. Club Atletismo Arenteiro

Compartir: