Resultados

Posta en marcha do programa “Xogando co Atletismo” na Mariña de Lugo

A Federación Galega de Atletismo ven de poñer en funcionamento o programa “Xogando co Atletismo” na Mariña de Lugo

Este programa de iniciación ao Atletismo terá lugar en diferentes colexios da Mariña de Lugo para o acercamento do noso deporte aos máis pequenos/as e contará coa coordinación do responsable na comarca, Raúl Redondo González Ares.

Deste xeito nesta primeira semana, desenvolveranse actividades de iniciación ao Atletismo nos colexio CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo e no CEIP Península da Paz de San Ciprián, á vez que se levará a cabo en diferentes centros educativos da comarca ao longo destes próximos meses.

As actividades serán impartidas polo propio Raúl Redondo González e pola destacada atleta Olga Vicente, na actualidade na categoría máster e asentada na costa de Lugo.

O Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez destacou que “é un importante paso adiante para que as/os nenas/os coñezan o atletismo en diferentes vertentes dende os centros educativo”  subliñando e agradecendo de igual forma “… o gran papel levado a cabo por Raúl Redondo, e polos diferentes colexios e asociacións na súa colaboración e desenvolvemento”. 

Compartir: