Resultados

Santiago Saco, novo responsable de Medio Fondo e Fondo

No día de onte confirmábase oficialmente a incorporación como novo responsable Técnico no Sector de Medio Fondo e Fondo da Federación Galega de Atletismo,  ó adestrador ourensán Santiago Saco.

Así o anunciaba o Director Técnico da Federación, Carlos Castro quen adiantaba que se está a traballar para perfilar o equipo de traballo cuxo obxectivo será asumir os importantes retos que se van a producir de maneira próxima. Entre as novas incorporacións técnicas que reforzarán esta área, está a de Oscar Seoane quen se ocupará de maneira en especial das categorías dos menores.

Satiago Saco gran coñecedor deste sector, é un técnico experimentado que xa estivera ó fronte desta mesma área no ano 2015. Motivos laborais impedironlle finalmente desenvolver o seu cometido que encara nesta nova etapa con entusiasmo e motivación.

Compartir: