Resultados

A Rúa remata novamente cun importante éxito no deportivo e organizativo

A Rúa converteuse na capital galega do campo a través ca disputa no día de hoxe, de tres importantes campionatos da especialidade. Con esta edición, xa son tres veces consecutivas as que se veñen organizando neste mesmo escenario cun éxito tanto no organizativo como no deportivo moi importante, grazas en moi boa medida ó excelente traballo levado a cabo pola Delegación de O Barco cuxo equipo de xuices, voluntarios e colaboradores traballarían de arreo para facer posible esta gran festa atlética.

O Memorial Alejandro Lorenzo, canteira de campións e campioas

O Memorial Alejandro Lorenzo, arrincraía ás 10.30 horas ca celebración da primeira proba Sub10 masculina con triunfo de Pablo Barreiro e Martín Otero ambos do Pinarium que compartirían podio con Gabriel Fazanes do Vila de Cangas. Na categoría feminina a victoria no individual correspondería a Gabriela Bouzada do Val Miñor estando acompañada nas medallas por Lara López do Ben Cho Shey e por Lara Fernández do RIA Ferrol. Por clubs os títulos foron parar ó Ria Ferrol e ó ADAS Proinor respectivamente.

Na Sub 12 masculina título autonómico para Hugo Collazo do Vila de Cangas seguido a cinco segundos por Enrique García da Atlética Lucense e por Adam Sadiki de A Silva ocupando o terciero lugar. O ADAS Proinor volvería a repetir podio por equipos

Na categoría Sub12 feminina Sabela Castelo do Vila de Cangas domiñaría esta carreira aventaxando en dazasete segundos a segunda clasificada Carmen Martínez da Atlética Lucense, correspondendo o terceiro lugar para Sabela Raposo do Atletismo Cuntis. Por equipos moitísima igualdade entre Vila de Cangas e Atlética Lucense con empate a puntos, e decidindo o triunfo dos cangueses por mellores postos.

Na carreira feminina Sub14 o triunfo correspondeu a Lorena Patiño do Pinarium quen sacaría tres segundo a subcampioa Lúa Arufe do Atletismo Noia. Carmen Magallanes do Trega ocuparía postos de podio sendo a formación da Atlética Lucense quen domiñaría o apartado de equipos

Nos homes o duelo entre Teo de Frutos do Lucus e Alex Sierpes do Trega resolveriase en favor do lucense por tan só tres segundos, estando na zona de podio xunto eles Damián Suárez do Club Natación Cedeira. Os lucenses da Escola Atlética sumarían un novo título por equipos nesta categoría.

No Galego Sub16 e Sub18 destacaron Xela Martínez e Pedro Vázquez

No campionato de Galicia Sub16 recital de Xela Martínez da Atlética Lucense quen sacaría corenta e oito segundos a súa compañeira de club Sara Guedes. Marcela Morgado sería terceira e o seu club, o Ourense Atletismo, gañador por conxuntos.

Nos homes Sub16, Iván Rego da Atlética Lucense imporíase por tan só dous segundos a Brais Picón do Fontes do Sar, ocupando o terceiro lugar Nicolás López da E.A.Betanzos cuxa entidade debutaría neste campionato. O Ourense Atletismo sumaba un novo título no colectivo na xornada

Emoción celeste na categoría Sub 18 onde Pedro Vázquez gañaría a partida a Hugo García colándose neste triunfo no colectivo do Celta, Carlos López da Atlética Lucense.

Por último Carla Guisande do Beade na Sub18 dominaba a proba precedendo a Nerea Lage do Atletismo Friol e a Inés do Campo do ADAS Proinor. A Atlética Lucense engadía ca súa victoria por conxuntos, o seu quinto podio nesta xornada.

A Gimnástica proclámase campioa galega de relevos mixto

Na segunda edicón correspondente ó Campionato de relevos mixto, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra proclamaríase campioa de Galicia grazas ó traballo colectivo de Manuel Hurtado, Joselyn Brea,Vicente Suárez e Paula de la Torre. O ADAS Proinor quen defendía o título logrado na edición pasada, ocuparía finalmente a segunda posición, sendo o Miller Running Club liderado por Victor Riboo quen subiría ó podio logo de que o ano pasado quedara as portas do mesmo.

Podio A Rúa 2020

Resultados xeráis

Compartir: