Resultados

Presenza da FGA nas xornadas “Lugo co Deporte”

A Federación Galega de Atletismo participará este  venres no ciclo de conferencias “Lugo co Deporte, Deporte con corazón”  tomando parte activa na organizada baixo o título de Nutrición e Deporte que terá lugar no Auditorio “O Vello Cárcere” a partires das 17.15 horas

Desta forma, representando ao ente federativo estará o atleta lucense, traballador social e coach deportivo, Alejandro Núñez na ponencia “A importancia do deporte e da nutrición nas nosas vidas”, mentres que o Vicepresidente da FGA, Jesús Vázquez será o representante da Xunta Directiva na mesma, na que explicará varios aspectos de interese do funcionamento do noso atletismo.

A súa vez, formarán parte do elenco de participantes diversas persoas do mundo da sanidade, así como o Director Técnico da Federación Galega de Loita. De igual modo levarase a cabo obradoiros  de RCP e uso do desfibrilador.

A asistencia ás diferentes actividades e talleres será de balde

Diptico Informativo

 

Compartir: