Queimaño e Sainz-Maza reteñen os seus títulos

Fin de semana de intensa actividade de pista cuberta que tería no Campionato de Galicia de Probas combinadas  un dos seus principais focos de atención

Novamente e como era previsible, os atletas do Celta Eva Queimaño con 3.399 puntos e Adolfo Saínz-Maza con 4.467 puntos, revalidarían os seus títulos de campións galegos absolutos da especialidade acadados o ano pasado e onde xunto eles, compartindo podio, estarían Lucía Sánchez (3.303 p.) e Lucía Seijas da Atlética (2.929 p.) Lucense así como Adrián Carreira do A.Narón con 2.468 puntos. Cabe salientar que a primeira posición na categoría feminina correspondería a atleta venezolana ex-céltica e con ficha galega, Nediam Nori Vargas do Playas de Castellón quen sumaría un total de 3.879 puntos

No resto de categorías triunfos tamén para

  • Sub16. Carlota Salgado do A.F.Celta con 3.027 p. e Joel López do A.Narón con 3.315 p.
  • Sub18. Lucía Dopico do A.F. Celta con 2.648 p. e Aitor Fernández do A.Narón con 4.232 p.
  • Sub20. Pablo Barges do R.C.Celta con 3.116 p.

Xa no Campionato de Galicia Máster producirianse boas actuacións en conxunto, sendo as/os os nova/os campións galegos do 2020 os seguintes atletas:

  • F35. Eva Castro (A.Narón) 3107 p.
  • F40. Cristina Estévez (A.F Celta) 3012 p.
  • M40. Victor José Méndez (A. Rías Baixas) 2.382 p.
  • M45. Juán Luis Paz (Marineda A.) 3.077 p.
  • M50. José Cabado (A.Santiago) 2889 p.
  • M55. Alberto Vázquez (A Silva) 2853 p.
  • M60. Carlos Ferrer (A.Narón) 3258 p.
  • M65. Luis Manuel Eyre (U.Santiago) 3107 p.

 

Compartir: