Aprobadas importantes medidas na Asemblea Xeral da FGA

A Asemblea Xeral Ordinaria da FGA celebrouse no día de onte no Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela) e dentro das datas marcadas pola Lei 3/2012 do Deporte de Galicia.

Todas as propostas feitas por parte da Xunta Directiva e da Comisión Delegada foron aprobadas por este órgano superior de goberno.

Desta forma, o calendario de competicións, normativa técnica e de licenzas, orzamentos, Plan Galego de Tecnificación, así como o protocolo para a prevención, detección e actuación fronte ao acoso laboral e a discriminación e abuso sexual xunto ás propostas de melloras dos recintos atléticos, adquiren rango de oficialidade.

 

Compartir: