“O foro de debate” chega a Ferrol e Coruña esta semana

Continúan as roldas de debate que a Federación Galega de Atletismo está levando a cabo polos distintos núcleos e zonas atléticas da nosa comunidade logo de que o pasado día 2 de outubro deran comezo en Pontevedra e que se desdenvolveran xa nas Delegacións de Santiago, O Barco, Ourense, Lugo e Vigo

En concreto para esta semana están programadas os seguintes encontros:

  • Luns 9 de decembro ás 20.00 horas en Ferrol (Local do Club RIA de Ferrol nas pistas da Malata)
  • Mércores 11 de decembro ás 20.00 horas en A Coruña (Salón de actos do Complexo deportivo de Elviña)

Nelas estarán presentes o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, o Secretario Xeral e Director Técnico Carlos Castro, así como os distintos Delegados tanto de Ferrol (Paulino Cartelle) como da A Coruña (Diego Paz).

O obxecto desta serie de xuntanzas, é a de explicar a todos os estamentos atléticos locais que desexen acudir, os distintos apartados do Plan Estratéxico 2019-2020 que contempla, entre outras, as actividades e programacións que se desenvolverán, o calendario de competicións ou as novidades para esta tempada entre outros asuntos de interese.

Compartir: