III Congreso de Adestramento de Atletismo (CENFA)

A Real Federación Española de Atletismo, a proposta do Director Deportivo e da responsable da área de Desenvolvemento e Tecnificación, organiza unha reunión de Directores Técnicos das Federacións Autonómicas e o III Congreso de Adestramento de Atletismo a través de CENFA.

Para a asistencia ao Congreso, a RFEA axudará a un número limitado de técnicos no seu desprazamento e estancia que se realizará ao día seguinte da Reunión dos Directores Técnicos co Director Deportivo.

Como se establece no artigo 33º do Regulamento de Licenzas Federativas, para a tempada 2018/2019 desta Federación, para asistir a concentracións ou actividades de ámbito estatal é necesario ter licenza en activo expedida pola RFEA.

III CONGRESO DE ADESTRAMENTO DE ATLETISMO ( CENFA)

A todos/as os/as técnicos/as convidados/as proporcionaráselles o aloxamento e a viaxe.

Lugar: Madrid
Datas: do 25 ao 26 de outubro de 2019
Incorporación: o 25 de outubro (a partir das 21:00 horas)
Finalización: o 26 de outubro (despois do almorzo)
Aloxamento:
Colexio Maior Arxentino; C/Martín Fierro 3, 28040 Madrid Tlf 911 812050 e no Colexio San Agustín; C/Travesía Antonio Nebrija, 4, 28040 Madrid Tlf 915 50 50 00

Máis información na circular 296/2019 RFEA

Adestradores/as Convidados/as polos Directores Técnicos das FFAA. Galicia (2 adestradores)

Desde esta Dirección Técnica da Federación Galega de Atletismo, establécense os seguintes criterios para o acceso ás dúas invitacións dispoñibles desde a RFEA.

Condicións obrigatorias.
1. Ter a licenza de adestrador activa.
2. Adestrar actualmente en club/s con licenza activa.

Condicións a valorar.
1. Ser responsable da FGA nalgún dos sectores.
2. Achega de atletas para a Selección Galega nas diferentes categorías e especialidades da presente tempada 2018/2019.
3. Adestradores que desenvolvan accións na estrutura técnica da FGA.

Para realizar a solicitude, debe encher o seguinte documento mediante a seguinte ligazón (Aquí)

Solicitudes ata o xoves 17 de outubro ás 23:59 h.

Compartir: