Cando a idade non é un impedimento

Os excelentes resultados acadados polas/os nosas/os atletas máster no último campionato europeo celebrado en Italia, onde se lograron un total de 14 metais (mellorando en sete o da última edición de Aarhus) ainda siguen flotando no ambiente. Con este importante balance, contribuíuse notablemente a que o combinado nacional lograse a mellor posición na súa historia no medalleiro con 144 medallas, superados tan só polo país anfitrión Italia con 337; Alemaña con 317 e Gran Bretaña con 247.

Todos estos datos verifican unha importante realidade que non é outra que a constatación dunha maior presenza de atletas da nosa comunidade nas citas internacionais tanto en termos cuantitativos como caulitativos.  Proba desto, foron as/os dazaséis galegas/os participantes no último europeo nunha categoría na que o noso atletismo sempre acada notorios resultados.

Figuras referentes do atletismo Máster

En concreto, si contamos a suma das medallas acadadas nos Campionatos do Mundo e Campionatos de Europa en todas as súas modalidades, contamos no ranking do medalleiro histórico da RFEA ca figura de Chus Sanguos quen ocupa nada menos que a segunda posición cun total de 50 medallas. Destácase desta importante atleta máster as 22 colleitadas nas distintas citas mundialistas, tanto en aire libre como en pista cuberta, así como as 28 en Campionatos de Europa repartidas a partes iguais entre a pista cuberta e a ruta e que fan dela, todo un importante referente do noso atletismo.

Non moi lonxe, e na cuarta posición do ranking do medalleiro nacional, atopamos ó marinense Manuel Rosales quen acumula un total de 48 metais. Delas, 31 serían logradas en citas mundialistas onde predominan os éxitos no aire libre, e 17 en europeos onde os resultados nas carreiras de ruta son quenes suman un maior porcentaxe.

Sole Castro do Comesaña Sporting Club, atleta en activo e tamén referente da categoría, figura no ranking na 8ª posición con 37 medallas repartidas entre as 17 das citas mundialistas e as 7 nos europeos onde destacan os seus éxitos en aire libre.

Esther Pedrosa é a cuarta das galegas que figura nesta lista ocupando o 29º lugar logo de sumar dous metáis nos pasados europeos e acadar o total de 17 medallas (oito en mundiais e nove en europeos) . Cunha medalla menos temos no posto trixémino, a atleta do Ourense Atletismo Emilia Mesa con 16 (dous nos mundiais e catorce nos europeos) quen sumaría da mesma maneira un bronce no europeo italiano.

O atleta santiagués do Clube Unviersitario de Atletismo Xosé Lois Otero “Cepi” figura entre os cincuenta primeiros do ranking, no posto posto 47º con dúas medallas en mundiais e nove nos europeos.

Outros atletas que comparten o privilexio de ter algunha medalla en citas internacionais (ata un mínino de tres) son, Gonzalo Méndez con sete; Julián Bernal (quen chegaría a competir con máis 90 anos), Lolo Penas e Emma Valencia con cinco; Luz María Domínguez con catro; Rubén Diz, Francisco Javier Guzmán, e Iván Morales con tres

Relación completa de atletas máster medallistas

Na foto, Sole Castro á esquerda e Chus Sanguos á dereita

Compartir: