A elite cubana dos lanzamentos aterra en Galicia

Dende o día de onte atópanse adestrando nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro, parte do equipo nacional cubano que tomará parte no Campionato do Mundo de Doha os días 27 de setembro ó 6 de outubro.

Con esta iniciativa, a elite cubana dos lanzamentos e como xa fixera fai algunhas décadas, volve a escoller a nosa comunidade como cuartel xeral de adestramentos na preparación de grandes citas, como así anunciara no seu último viaxe a Galicia o Presidente da Federación Cubana de Atletismo e lenda deste deporte Alberto Juantorena.

En concreto no INEF están adestrando as dúas primeiras discóbolas que lideran o ranking mundial xunto ós seus respectivos técnicos. Yaime Pérez nada no ano 1991, encabeza o mesmo cun rexitro de 69.39 m. efectuado no pasado mes de xuño na localidade francesa de Sotteville, sendo a súa compatriota Denia Caballero a segunda con 69.20 m. acadados o 20 de xuño en Huelva.

De cara ós mundiais de Doha ambas parten como favoritas ó título, malia que terán tanto na croata Sandra Perkovic con 68.58 m. como na norteamericana Valarie Allman con 67.15 m. a importantes rivais directas.

Ranking mundial de disco feminino

Compartir: