Resultados

Guntín foi unha gran festa do medio fondo

O Concello lucense de Guntín daría acollida esta fin de semana a preto de douscentos atletas que ata alí acudiron para tomar parte no XI Campionato de Galicia de 1 km. para as categorías Sub10/12/14/16 sobre un percorrido homologado. De igual modo, e aproveitando a cita, leváronse a cabo as probas do I Campionato Provincial de milla en Ruta e a I Milla Popular Concello de Guntín

No tocante o campionato de Galicia, os gañadores e gañadoras nas distintas categorías desenvoltas serían os seguintes:

  • Categoría Sub10:  Lidia Balseiro (Maderas Barcía L.) con 3:46 e Pablo Barreiro (Pinarium) con 3:44
  • Categoría Sub12: Sabela Castelo (A.V.Cangas) con 3:32 e Alex Sierpes (Trega) con 3:19 e
  • Categoría Sub14: Candela Sánchez (S.M.Marín) con 3:23 e Cosme Viaña (At. Lucense) 3:17
  • Categoría Sub16: Carolina Santos (Ourense At.) con 3:21 e Rubén darriba (Lucus C.R.G.) con 3:16.

No que atinxe ó resto de probas os/as gañadores/as foron:

Milla popular: Ana Vallines (Maderas Barcia L.) con 6:01 e Kevin Darriba (Lucus C.R.G.) con 5:01/ Milla máster A: Marta Valín (Verxel N.) con 5:59 e Antonio A.Perea (U.D.Talavera) con 5:01/ Milla máster B: Sonia Vázquez (A.C.E.Carballo) con 7:00 e José M. Corral (Verxel N.) con 5:04/ Milla máster C: José Manuel Fernández (Verxel N.) con 5:21

Compartir: