Rachando barreiras lexendarias: a lonxitude

Dende que comezara o novo milenio moitos teñen sido os sectores do noso deporte que viñeron experimentando unha importante evolución en todos os seus parámetros. Algunhas das importantes “barreiras” en canto a rexistros, foron superadas logo de moitos lustros de estancamento o que representou un importante salto cuantitativo cara adiante do noso atletismo.

Imos intentar falar dalgúns deles nunha serie de novas para dar a coñecer un pouco máis a súa evolución e os seus protagonistas, comezando no día de hoxe polo concurso de lonxitude.

A lonxitude defínese como unha proba explosiva onde a combinación de forza e velocidade determinan en moi boa medida a súa progresión. Habitualmente tómase como exemplo para intentar marcar os límites da progresión humana, proba delo serían os 8.90 m. de Bob Beamon nos X.X.O.O. de México 1968 que se consideraron infranquebles ata a aparición do ano 1991 de Miky Powell quen fixaría o actual tope mundial en 8.95 m.

No tocante ó noso atletismo, a proba masculina a comezo do novo milenio era a segunda máis antigua da lista de récords galegos onde se situaba ó fronte Juan Azpeitia quen saltara 7.66 m. no ano 1972. Ata esa mellora terían que pasar nada menos que 39 anos para que un prometedor por aquel entón Jean Marie Okutu chegara ata os 7.94 m. un primeiro de agosto de 2009. Aquel salto abriría o camiño para que o futuro olímpico en Río 2016 e primeiro home da historia do atletismo galego en pasar a barreira dos oito metros, establecese xa no ano 2014 un rexistro de 8.05, malia que ventoso, tendo que agardar un ano máis para que de maneira válida se acreditara os 8.04 m. Con todo elo sería un 10 de xullo do ano 2016 onde en Sierra Nevada o pontevedrés acadara o salto perfecto que lle fixo voar ata os 8.17 m. que constitúe ata o día de hoxe, a súa mellor marca persoal e o actual récord galego.

Si todo esto acontecía na categoría masculina, non menos importante foi a evolución ocurrida na feminina.

Arrincaba o ano 2000 co nome na lista de récords de Angeles Moinelo atleta do ano 1958 quen nas ringleiras do desaperecido  R.C.D. da Coruña, saltaría na capital libanesa de Tripoli  5.85 m. no mes de agosto de 1976 quedando a quince centímetros da barreira dos seis metros. Habería que agardar 28 anos para que outra prometedora saltadora de dazasete anos Ruth Marie Ndoumbe, quedara xusto ás portas no ano 2004 en Donostia, dese tope con 5.99 m. que pasaría a convertirse en récord galego.

No ano 2015 Ana Peleteiro, quen se daba a coñecer pouco a pouco e que estaría chamada a facer historia no foso de triplo, igualaría este mesmo rexistro. Malia elo, a verdadeira evolución desta especialidade non se faría agardar xa que un ano despois Letia Gil, que viña experimentando unha importante progresión, “estouparía” nesa mesma tempada.

Sin apenas dar tempo á chegada do aire libre, os Campionatos de Galicia de Pista cuberta desenvoltos na Coruña o 4 de febreiro de 2017 viron como no primeiro intento, a saltadora de Valdeorras chegaba ata os 6.00 metros pasando a historia como a primeira muller galega en facelo. Pouco tempo despois e sen apenas espazo para celebracións saltaría nos Campionatos de España de pista cuberta en Madrid ata os 6.22 m. O último episodio desta saltadora escribiuno este mesmo ano, xa que o pasado día 15 de xuño en Zaragoza progresou momentaneamente ata uns importantísimos 6.39 m. que consititúen o actual tope autonómico. Este rexistro, nunha tempada redonda, permítelle ocupar por unha banda a zona top3 do ránking nacional e por outra ter sido convocada pola Selección Nacional.

Veremos aínda como remata o resto de tempada con importantes citas agardando e no que todo pode ocorrer.

Compartir: