Cando as barreiras dan paso á integración e a superación

Dende onte e ata o día 4 de agosto celebraráse en Nottwil (Suiza), o II Campionato del Mundo Jínior de Atletismo organizado por World Para Athletics. Este Campionato, que está destinado para deportistas Sub20 e Sub17, tomaría parte no día de onte o atleta con ficha autonómica pola FGA Jairo Salgueiro quen acadaría a medalla de bronce na proba de lonxitude cun salto de 5.75 m.

Desprazado a Coruña, onde cursa estudos na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, Jairo comezaría este ano a adestrar de maneira máis rigurosa o que sen lugar a dúbidas permitiríalle acadar este importante éxito deportivo.

Con ficha pola a Escola Atlética Lucense, este monfortino empezaría a práctica do atletismo da man doutro dos grandes atletas con discapacidade, Maxi Rodríguez Magi quen chegaría a tomar parte nas paralimpiadas de Londres e de Pekín. Entre os logros de Maxi, está o de ter alcanzado na capital británica o 4º posto na final dos 100 m. da categoría T12 con 11.20 entre outros logros salientables.

Ademáis destes atletas, lembramos que no recente pasado Campionato de Galicia Absoluto do 20 de xullo celebrado en Pontevedra, contaría ca presenza de dúas atletas da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC), que conseguiron establecer dous novos Récords de España.

Adiaratou Iglesias Forneiro participou nas probas de 100 e 200 metros, proclamándose nas dúas distancias Campioa Galega, establecendo ademais un novo Récord de España no 100m. T12 cunha marca de 12.12, que mellora os 12.31 que ela mesmo conseguira este ano. Estes triunfos permitíronlle ademais ser seleccionada ca selección galega para tomar parte no Campionato de España de Federacións Autonómicas onde correría os 100 m. en 12.43 e os 200 m. en 25.12.

Por outra banda, Susana Rodríguez Gacio, xunto ao seu guía Celso Comesaña, establecería un novo Récord de España na proba de 1500 m. T11 cunha marca de 5:06.11, mellorando nun segundo a anterior plusmarca de Maite Espinosa que tiña desde hai 22 anos. Ambas atletas xa teñen a mínima para o Mundial de Dubai e estas marcas referendan o bo momento de forma que atravesan.

Compartir: