Unha das pioneiras do atletismo galego e atletismo español, Natacha Astray, deixerianos no día de hoxe a idade de 75 anos.
Nestes momentos no que a igualdade é afortunadamente un asunto prioritario e no que lentamente se vai avanzando, compre lembrar ás figuras de moitísimas mulleres que como Natacha, deron o primeiro paso para rachar barreiras e estereotipos nun momento nada propicio para elo.
Entre os logros desta coruñesa multipolifacética (chegaría a ser internacional en balonmán e destacada xogadora de tenis) son salientables os seus títulos de campioa de España nos 80 valos que a levarían a ser internacional.
Emilio Navaza, nun maxistral serial de artigos onde retrata a varias das nosas figuras máis ilustres, lembraba deste xeito a historia de Natacha Astray baixo o título que poría nome a un curioso episodio da súa vida atlética “Natacha Astray. Conmemorando la Revolución con Fidel“.