Resultados

A punta de lanza do Campionato de Galicia

Outro dos sectores importantes, e un dos máis exitosos do noso atletismo que poderemos ver e disfrutar no Campionato de Galicia absoluto desta fin de semana, será o dos lanzamentos (*)

Nel contaremos con destacadísimas actuacións entre as que cabe salientar a de Frank Casañas quen tomará parte no concurso de disco. O atleta pontevedrés de acollida, ten as súas costas nada menos que cinco xogos olímpicos o que está ó alcance de moi poucos, xa non atletas, se non deportistas, sendo a proba de disco na que tomará parte, unha excelente oportunidade para presenciar a esta lenda do noso deporte. A mundialista Belén Toimil e primeira muller en pasar da barreira dos dazasete metros en peso (17.37 m. récord galego absoluto) continúa ca recuperación da súa importante lesión sufrida. Este ano lanzaría en peso 16.56 m. e no disco ata os 44.19 m. proba esta última na que Paula Piñón do A.F. Celta con 37.84 m. e Cristina Freire do AVA con 37.26 m. protagonizarán un disputado concurso.

Víctor Gallego da Gimnástica de Pontevedra tomará parte nos seus enésimos campionatos na procura de ampliar ese palmarés que a día de hoxe fan del o atleta galego en activo que acumula máis títulos de campión galego na nosa historia. Tomará parte no concurso de peso onde este ano ten acreditados nada 16.16 m.

No martelo o lanzador internacional de Vigo Isaac Vicente sitúase ó fronte da proba onde este ano chegaría ata os 62.62 m. Como ben sendo habitual, prevese unha final emocionante e igualada na que Carlos Revuelta chega con 58.23 m., Nacho Fernández con 61.04 e Pablo Denís con 60.63 m.

Na categoría feminina, e ante a ausencia da indiscutible líder con 57.41 m. Irene Gómez do A.F. Celta quen está a tomar parte no Festival Olimpico de la Juventud Europea en Bakú, será a súa compañeira de club, Patricia Correa quen asuma as funcións de favorita grazas ós seus 47.96 m.

Por último unha xavelina de moitísimos quilates será a que poderemos ver en Pontevedra. A presumible ausencia de Lidia Parada con 52.17 m. podería privarnos de presenciar outro dos duelos do campionato entre ela e a asturiana con ficha FGA Carmen Sánchez 52.03 m. Andrea González da Gimnástica que dende marzo forma parte do selecto grupo dos “cincuenta” (50.78 mmp) posicionase claramente para o título galego. Mención especial require a presencia de Felicea Tirea Ureche xavalinista rumana afincada fai moitos anos en Galicia e que chegaría a tomar parte co seu país de nacemento en catro Xogos Olímpicos. Por si fora pouco, no seu impresionante palmarés, chegaría a ser subcampioa mundial en Gothemburg 1995 e bronce nos Campionatos de Europa de Helsinki 1994. Todo un luxo de atleta da que ademáis salientamos o seu sempre compromiso con todas cantas veces foi chamada pola Selección Galega.

Nos homes, parece claro o dominio do lanzador internacional Manuel Uriz que fora campión de España en varias categorías e absoluto no 2013, e que este ano acude con 65.94 m. Ante a lesión de Borja Barbeito, será outro internacional José Manuel Vila que intentará estar sobre os seus rexistros do presente ano onde lanzaría ata os 58.23 m.

Campionato de Galicia Absoluto 2019

(*) Algunhas inscripcións aínda sen confirmar (remata o prazo hoxe as 20:00 horas).

 

Compartir: