Unha velocidade de nivel no galego absoluto

Pouco máis dunha semana queda para que as Pistas do CGTD da cidade do Lérez acolla por décimo novena ocasión na súa historia o Campionato de Galicia Absoluto nas edicións LII feminina e LXXXVI masculina.

Esta cita, que pasa por ser a máis importante da tempada a nivel individual, estará marcada pola participación dalgúns dos/as atletas máis destacados do momento si ben as citas internacionais e a preparación de eventos importantes impedirá a participación de todas as nosas figuras.

Para repasar e falar un pouco de cada sector nestes días previos, daremos comezo cas probas de velocidade onde a igualdade e o axustado dos rexistros depararán moita emoción e tal vez, algunha que outra sorpresa.

Na categoría feminina as tres “Iglesias” son as que marcan o referente da especialidade. Nos 100 m. Nerea Iglesias do Fontes do Sar que ven de estrear internacionalidade, encabeza o ránking galego dos 100 m. con 12.10 seguida pola tamén internacional e especialista en lonxitude Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta quen ten acreditados uns destacados 12.18. Nesta proba haberá que contar tamén con Adiaratou Iglesias do Lucus C.R.G. quen este ano se posicionaría no ránking con rexistros importantes tanto nos 100 m. como sobre todo nos 200 m. con 12.26 e 24.73 respectivamente.

Na categoría masculina é o coruñés do Playas de Castellón e plusmarquista galego dos 100 m. e dos 200 m. Mauro Triana, quen domina o panorama autonómico con 10.63 e 21.23 desta tempada. O velocista en idade senior continúa ca súa progresión logo de superar unha importante lesión no seu tendón de aquiles. Moita igualdade será a que presenciemos nos postos de honra do hectómtero, na que Javi García do Lugo RC Ramos Lourés igualaría esta ano a súa MMP do ano 2017 con 10.78, sitúandose no segundo lugar do ránking. Atención a Victor Mosteiro do C.A.Santiago con 10.90, Erik Fernández do Celta con 10.90; Javi Cancela do C.A. Santiago con 10.91 e Javi García do Narón con 10.99 quenes acuden con moita igualde a esta cita.

Paula Iglesias do Riazor Coruña non debería ter problemas en dominar os 200 m. logo de que acadara recentemente o récord galego absoluto con 24.64, liderando de igual modo de maneira clara a “súa proba” dos 400 m. con 54.89. Xunto ela nos postos importantes, debería estar a xa citada Adiaratou Iglesias entrando nese grupo de aspirantes a estradense do Ría Claudia Torres con 25.16. Na categoría masculina Sergio Rodríguez do Coruña Comarca con 21.79 e Javier García do Narón con 21.95 son, xunto ó líder Mauro Triana, quenes están por baixo dos vinte e dous segundos.

Nos 400 m. a senior Paula Ferreiros do Ría Ferrol, acadaría este ano a súa MMP con 55.39 amosándose moi regular sobre esta distancia. Lucía Rivadulla é a mellor posicionada para aspirar ó podiu grazas ós seus 56.80 malia que seguramente tome parte na proba dos 400 valos onde recentemente acadría o 4º lugar no nacional Sub20. No tocante a categoría masculina, son dous os homes que están por baixo dos corenta e nove segundos,  Pedro Juncal do Real Club Celta con 48.24 e David Abalde da Gimnástica con 48.71. Jorge Román Leiros do Celta con 49.10;  David de la Fuente do Narón con 49.16; Sergio Rodríguez do Coruña Comarca con 49.33; David Ngwudile do Celta con 49.74 e Alexis Miguéns do Santa Uxía con 49.92 completan a relación de atletas que baixan dos 50 segundos.

Compartir: