Resultados en directo

Accións do Observatorio do Atletismo Galego para o segundo semestre do ano

O Observatorio do Atletismo Galego definiu as accións que se implementarán durante o segundo semestre do ano. Un total de 16 accións que fan referencia ás distintas áreas de actuación nas que se está a traballar dende o inicio do proxecto. ·

  • Estudo técnico das infraestruturas atléticas galegas. 
  • Guía básica cos aspectos esenciais para levar a cabo un evento deportivo.
  • Apoio progresivo dos plans sociais da Federación Galega de Atletismo.
  • Participación nas xornadas enmarcadas no programa “Lugo co deporte. Deporte con corazón”.
  • Posta en funcionamento do servizo especial de atención ó atleta. 
  • Colaboración, acompañamento en búsqueda de opcións para os deportistas galegos que residan no estranxeiro. ·
  • Posta en marcha do programa en prol da igualdade e da visibilidade da muller no deporte. 
  • Elaboración do Código de Bo Goberno do Observatorio e da Federación Galega de Atletismo. 
  • Creación e desenvolvemento do modelo para convenios futuribles. 
  • Apertura de vías de colaboración con diferentes Colexios Profesionais. 
  • Promoción e divulgación das accións de formación de xuíces do Comité Galego de Xuíces. 
  • Promoción, divulgación e realización de accións formativas para adestradores e monitores en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. 
  • Creación do convenio coa Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) en aspectos de asesoramento, formación, eventos e outras accións de interese no eido deportivo. 
  • Desenvolvemento de accións na área de Animación, Recreación e Escolar.
  • Convenios de promoción do atletismo con diferentes medios de comunicación.
  • Creación do Laboratorio de Ideas para darlles visibilidade ás accións operativas emitidas ó Observatorio.

Todos aqueles/as interesados/as en recibir máis información poderán dirixirse ó seguinte correo: observatorio@atletismo.gal

Compartir: