Resultados en directo

Xuntanza ordinaria da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA

Por orde do presidente da Federación Galega de Atletismo, convócase ós/as integrantes da Xunta Directiva e da Comisión Delegada a unha xuntanza ordinaria que terá lugar na sala de reunións no Hotel Riazor da Coruña (Av. de Pedro Barrié de la Maza, 29) o venres día 28 de xuño do 2019 ás 16:00 horas en primeira convocatoria.

A orde do día a tratar srá o seguinte

  1. Saúdo do Presidente.
  2. Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior.
  3. Informe e propostas do Presidente.
  4. Informe e propostas do Secretario Xeral.
  5. Informe e propostas da Dirección Técnica.
  6. Informe e propostas do Comité Galego de Xuíces.
  7. Estudo, e aprobación, se procede dos cambios no Orzamento 2019.
  8. Rogos e preguntas.

Prégase confirmación de asistencia, no email: secretaria@atletismo.gal, antes do mércores 26 de xuño do 2019.

Compartir: