Resultados

Copa Máster para Narón e Samertolameu

O Atletismo Narón na categoría masculina e o Samertolameu na categoría femenina, serían os dominadores no día de onte da II Copa de Clubs de Máster que terían as pistas de Bastiagueiro por sede.

Nun encontro no que predominaría un fantástico ambiente de competición e deportividade estarían no podio xunto as gañadoras femininas o Club Atletismo Sada e o Atletismo Narón respectivamente, sendo a Atlética a Silva e La Mochila del Deporte quenes completarían a clasificación.

Por parte dos homes o subcampionato iría parar para os coruñeses do Marineda sendo a Atlética A Silva quen ocuparía o terceiro lugar do caixón. Sanmertolameu, Atletismo Sada e Beade pecharían esta categoría.

A nivel de rexistros individuais, estableceríanse tres novos récords galegos a cargo de Araceli Salgueiro do Samertolomeu nos 80 valos Máster 45 con 13.38; Rosa Sierra do C.A. Sada na máster 55 nos 3.000 marcha con 16:45.00 e de Emilia Rodríguez do Trega na máster 40 dos 3.000 marcha con 16:32.17.

 

Compartir: