Trail, pista e combinadas nun intenso fin de semana

Nada menos que tres serán os Campionatos de Galicia que acontezan na nosa comunidade durante a ponte do día das letras galegas adicado este ano a Antonio Fraguas.

Para comezar as pistas do Barco serán quenes acollan a celebración do VIII Campionato de Galicia de Clubs Sub10/Sub12 e Sub14 que xuntarán a nada menos que a 67 equipos durante un intenso día. Abren esta cita os equipos Sub10 e Sub12 quenes competirán na xornada de maña que arrincará as 10:30 horas para rematar sobre as 13:30 h. Xa pola tarde será o momento dos Sub14 cuxa actividade principiará as 16:30 horas ata pouco menos que as 20:10 horas.

De igual modo as pistas de Balaídos darán acollida o sábado e domingo a outro non menos interesante Campionato de Clubs de Probas Combinadas no que participan entre outros o Clube Atletismo Narón na categoría masculina e a Sociedad Gimnástica na feminina co firme propósito, en ambos casos, de revalidar o título logrado o ano pasado nas pistas do CGTD de Pontevedra.

Por último novamente A Serra do Barbanza, como xa o ben facendo nas últimas tempadas, será sede da disputa do V Campionato de Galicia de Trail que xuntará a preto de medio cento de atletas.

Ca presenza dalgúns das/os mellores especialistas na liña de saída, destaca a figura do actual campión galego Alberto Carou, así como a do subcampión Víctor Maneiro, ambos do C.A. O Pino. Na categoría feminina Eva de la Fuente, medalla de bronce na edición do 2018, parte como favorita ó titulo. Xunto eles estarán tomando parte Rubén Castro do Atletismo Tui na Máster 45; Juan Cameán do Veteranos de Samil na Máster 60; Yago Freije do A. Ribadeo na Sub23 e Santiago Calvo da S.D. Barbanta Roda na categoría senior, todos eles campións galegos na última cita.

VIII Campionato de Galicia de Clubs Sub10/Sub12/Sub14

V Campionato de Galicia de Trail

Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas

Foto:O Sil

Compartir: